Ímonos de voda!!
Os nosos amigos Oihana e máis de Jose casaron en Oviedo o 8 de novembro e, como nos podía ser doutro xeito, fomos a compartir con eles ese día tan especial. Esta entrada vai dedicada para eles.
A viaxe era larga, pero Alicia portouse ás mil maravillas. ¡¡A miña primeira viaxe larga en coche!!
Chegamos a Oviedo pola noite e dimos un paseo para ver a zona vella antes de pasar a nosa primeira noite en familia fora da casa:
Aquí con papá ó lado da estatua da Regenta:
E chegou o día da boda, ¡¡tiña que poñerme guapa!! Aquí estou arreglándome diante do espello do hotel (por certo, ¿contáravos que xa ando soiña de maravilla?):
E aquí na boda toda arregladiña, un par de primeiros planos e unha foto cos papás!!


Cumprín un ano!!!!!!
Con algo de retraso, que xa pasou tempo dende o 4 de novembro, aquí van as fotos do día do primeiro cumpreanos de Alicia. Está feita toda unha rapariga!!
Manual para apagar velas:
1º - Coller aire e apuntar:
2º - Botar o aire con forza:
3º - Comprobar que xa non hai lume:
¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡FELICIDADEEEEES!!!!!!!!!!!!!!
Isto vai sobre rodas
O outro día mercamos un aparello de catro rodas con forma de insecto para que Alicia se empece a mover pola súa conta e lle perda o medo a esto de andar.
Dende o primeiro momento colleulle o truco e vai para diante, para atrás, de lado... Ata sabe maniobrar cando se queda atascada nalgún sitio. Eso sí, xa caeu un par de veces polo lado e deuse unha boa labazada... ¡¡temos que mercarlle un casco!!
Aquí Alicia co bichiño (así lle chamamos ó aparello) no xardín da casa dos avós:

E aquí vai polo pasillo da casa (récod en 4,3 segundos, nin o Bolt ese), levando de paquete ó seu osiño (¡¡grazas a Susana e Fabián!!)
A pose de sinalar co dedo é totalmente espontánea ainda que se repita en dúas de tres fotos. Esta nena é ver a cámara de fotos e empeza o espectáculo.
A cousa se pon revindicativa...
Non se pode dicir que Alicia pase moito tempo na cuna ou no parque, a verdade e que nos gusta deixala ó seu aire pola casa para que gatee o que queira (con moito coidado cos enchufes, que teñen un magnetismo especial para a nena).
Pero aínda así, de vez en cando hai que facer cousas na casa, ou simplemente tomarnos un respiro, e é ahí cando Alicia se queda tras os barrotes:
As veces tamén a deixamos na súa minicuna, que cada día é máis mini. Por certo, fixádevos nos dentiños que sairon:
Pois resulta que parece que Alicia non está moi de acordo con estes "intervalos de reclusión", e o outro día apareceunos con una camiseta reivindicando a súa liberdade para gatear e facer o que lle veña en gana:
¡¡¡¡¡Alicia ceibe!!!!!
Música!!
Alicia está cada día máis espabilada e últimamente lle deu pola música.
Ademáis de gustarlle escoitar unha e outra vez a versión de Frente de Bizarre Love Triangle (New Order), mirade qué ben lle da ó tambor:

Tamén ten un xilófono, e non lle da mal... pero gústalle máis pegar no chan. Está claro que o de Alicia é máis a percusión que a melodía:
Nova galería de fotos
Aínda que seguiremos incluíndo fotos públicas no blog, Imos publicar máis imaxes do primeiro ano de vida de Alicia nunha galería privada para os máis achegados.
A dirección de galería é http://alicia.blogs-r.com/weblog/galerias/alicia/Primeiro_ano, e para obter o contrasinal podedes poñervos en contacto con Paula ou conmigo.
Saudiños!!
Xa estamos aquí!!
Xa pasaron case dez meses dende que naceu a nosa pequena Alicia, o 4 de novembro do 2007. Parace que foi onte. O tempo pasa moi rapido entre cambios de pañal, biberones, papillas. Por sorte foron poucas as noites sen durmir.
Paula e mais eu abrimos este blog, agora que xa lle vamos collendo o truco a isto de ser pais e imos encontrando algo de tempo libre, para compartir con todos vós os progresos de Alicia e da nosa nova familia.
Aquí podedes ver unha foto de Alicia dando boa conta do seu bibe:
E aquí outra na nosa cama, facendo os seus primeiros exercicios de levantamento de cabeza:
E aquí os primeiro pasiños en Ponte Maceira, coa axuda da súa nai claro:
Como unha reina na súa trona (regalo dos nosos amigos de Oviedo, Oihana e máis Jose), vai para presentadora de Telexornal:
E aquí no seu "primeiro día de traballo", pobriña que pronto empeza (cada día elíxenas máis novas nas becas de verán):
Vémonos!!
Bicos e apertas,
Alicia, Paula e Andrés